sábado, 4 de junio de 2011

A expedición do Pacífico


Emilia métese de polisón nun barco que vai facer unha expedición polo Pacífico. Seu irmán Andrés, membro da expedición, acepta a súa presenza se se disfraza de neno, ela acepta e pasa a ser chamada Marcos. Os membros da expedición acéptana e pasa a encargarse dos insectos. No viaxe, con destino en América, suceden moitas cousas:  o namoramento de Emilia por Diego, unha terrible treboada que case a tira, un pingüín ao que a rapaza alimenta, ven baleas, un deles morre, a visión do mapinguari por parte de Emilia, etc. O viaxe remata en Belém, onde a filla do vicecónsul Silva, Aurora, descobre que Marcos é unha muller. Na festa en honor á expedición, Emilia vístese como muller. Nela, Diego bícaa, quen xa sospeitaba que era unha muller porque, ao salvala da treboada, descubriu un pano coas súas iniciais e un anaco do seu pelo.

OPINIÓN: Este libro gustoume moito, é unha aventura moi interesante dende o punto de vista científico e feminista. A expedición do Pacífico, como di a autora nun epíologo da historia, existiu, ela cambiou os nomes e añadeu a Emilia, xa que na auténtica expedición ningunha muller participou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario