domingo, 22 de mayo de 2011

Sorry


Cuatro jóvenes, Kris, Wolf, Frauke y Tamara, fundan una empresa para pedir perdón. La empresa es todo un éxito hasta que reciben un encargo especial: un hombre anónimo les pide que pidan perdón a la mujer que acaba de matar y que se deshagan del cuerpo. Y así empieza la pesadilla que no parece tener fin, en la que dos de ellos morirán y serán manejados siempre por el asesino.

OPINIÓN: "Sorry" es un libro cautivador, único, su principal característica es que el lector participa en la trama, ya que es el asesino. El libro está contado en 1ª, en 2ª y en 3ª persona. Te mantiene en vilo todas sus 400 páginas, nadie es quién parece ser, el más inocente puede ser el culpable y las causas de todas las muertes permanecen desconocidas. Todo es un juego de castigo... y perdón.

sábado, 21 de mayo de 2011

Agustín Fernández Paz


O doutor Moldes ten como primeira pacente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada e que escribe de xeito compulsivo o seu nome. O doutor consegue que Laura recupere a memoria e que escriba o ocorrido nos últimos meses. Unha lenda, a de que as mulleres de pelo roxo (coma Laura) atraen á Gran Besta, un ser que habita nunha cova, torce a estancia de Laura nunha casa rural en Galicia. O seu vello amor intenta salvala, igual que o doutor, pero non puideron. 






Tareixa Louzao recibe un sobre do seu irmán Xabier. Nel hai unhas cartas de Adrián, un amigo seu. Estas cartas relatan a terrible historia dunha casa enmeigada de Doroña, Vilamaior. Entre os petroglifos da casa, as advertencias dos veciños, o libro de gravados, os fax, as chamadas, etc., Adrián dase de conta de que esa casa agocha un segredo peligroso, pero é demasiado tarde. Tanto el como Xabier, que acudiu á chamada de auxilio do seu amigo, caen na trampa do espantoso ser que vive na casa. Tareixa acude a buscar aos dous homes, pero eles xa non volverán ao mundo dos vivos.
Clara Soutelo é testigo do descubrimento dun esqueleto envolto nunha alfombra que estaba agochado entre dous tabiques do pazo da súa avoa. Clara, con axuda do seu mozo Miguel, investigan que é o morto e quen a man que disparou as balas que furaron o cranio e as costelas do esqueleto. Isto lles obriga a volver á época da Guerra Civil, onde unha fermosa relación amorosa rómpese por culpa da envexa, como tapadoira, a Guerra Civil. Clara descobre que a súa familia ten moitos segredos escuros que agochar, por exemplo, entre dous tabiques do pazo.


Este libro comprende tres contos, todos centrados no misterio. Na primeira, "A serpe de pedra", un arqueólogo descobre, nun xacemento, unha serpe de pedra que en realidade é a Deusa Serpe, un réptil que gobernou na Prehistoria e quere recuperar o poder. Na segunda, "A vella foto das estrelas", Branca coñece un rapaz nun pobo no que se aloxa mentres fai o camiño de Santiago, con el fala das estrelas e que o que vemos e a súa foto. Ao día seguinte, Branca descobre que o rapaz morrera por un corte de dixestión no río. Na última, "As sombras do faro", un rapaz descobre unhas extrañas sombras no faro abandonado, unhas sombras que poñen en perigo a súa vida e a da súa moza, e que o obrigan a irse do pobo. Pouco despois descobre que esas sombras pertencen aos mortos na guerra Civil que foron arroxados ao pozo do faro.



Sara descobre no cuarto do seu tío Moncho unha caixa con cartas de amor dunha muller chamada Sara Salgueiro. A través das cartas, Sara coñece mellor a un tío que morreu antes do seu nacemento, e tamén a súa historia de amor, frustada pola Guerra Civil. Tamén descobre un agasallo que Moncho escondeu na súa prisión en San Simón para Sara Salgueiro, e que nunca puido darlle. Sara salvará esa agasallo do esquecemento.



Este libro está composto por oito contos, todos nacidos dos anuncios por palabros que saen nos xornais. Os contos van da fantasía (un home que busca parella para un unicornio azul, unha funeraria que contrata a Drácula,unha empresa limpacristais na que traballa Spiderman, etc.) ata a realidade (unha muller obsesionada en que a súa filla sexa unha estrela dos anuncios, dous homes que fabrican rótulos despedidos por cambiar os encargos rídiculos que recibían, etc.)





OPINIÓN: Agustín Fernández Paz é un dos meus escritores galegos preferidos, escribe moi ben e todos os seus contos son magníficos por algunha razón. Cómpre destacar a similitude entre "Noite de voraces sombras" e "Corredores de sombras", as dúas teñen a unha rapaza coma protagonista, nas dúas novelas, as rapazas manteñen unha relación amorosa e sexual cun rapaz, nas dúas hai un morto que provoca a acción da novela, o morto ten unha relación amorosa que se rompe na Guerra Civil e ten que ver coa familia da protagonista e fai que esta cambie para sempre a súa visión da vida. Tamén as dúas están de vacacións de verán nun pobo e contan a historia tempo despois de que pasase.